Blogia

Diario de Una Erasmus

Instaladísima

Instaladísima

Xa levo aquí unha semana, pero parece que é un mes... Todo comeza a ser familiar: as rúas, as tendas, as cervecerías... La vie belge estame sentando moito benne! tiven sorte porque ainda quedaba un erasmus do ano pasado que é o meu anxiño da garda, estame axudando moitisimo e fai que todo isto sexa máis doado.
Polo de agora non comezaron as clases nin viñeron o resto dos erasmus, non teño moito máis que contar.
Bicos mil

PD1 O croissant da imaxe é belga, que están igual de bos que os franceses!!!

A catro días da experiencia...

A catro días da experiencia...

Case un mes sen escribir aquí... Os preparativos e as últimas festas do verán tivéronme bastante ocupada.

Xa teño unha residencia alí, aínda que non me foi moi doado o tema... Primeiro designáronme unha residencia que estaba xenial: céntrica, con moi bo ambiente, con baño na habitación, pero sin internet. Así que cambieime para a outra residencia, na que si tiña este preciado invento, o problema que ten esa residencia é que está bastante lonxe da nosa facultade e o peor de todo é que hai unha irmandade que se dedica a facer novatadas a toda a xente e iso méteme bastante medo!!!

Todo o demais acerca da miña estadía é unha incógnita...seguirei informando!

Bicos

Xa teño bolso de Harrod's!!!

Xa teño bolso de Harrod's!!!

Onte estiven de novo en Vigo, que recordos!! este ano foi o mellor da miña vida, a vida universitaria é o mellor. Volvín ver a Rocío, Andreai, Pili (un día contareivos como foi a súa despedida de solteira...), Jorge, Marien e os seus amigos... Que se nos vai Marien o domingo para Dinamarca (tamén de Erasmus, con Antia), creo que non tardarei en facerlles unha visita e agardo que elas tamén se apunten :). Pola noite recollimos á miña irmá que regresaba de Inglaterra e por fin conseguín un bolso de Harrods ;).

So queda un mes

So queda un mes

Quedame só un mes, mellor dito 28 días para que a aventura comece... Todo un curso universitario rodeada de guiris, de xente que non me entenderá nada, que me tratará coma un becho raro... ¿Que vai ser da miña vida? o único do que estou segura é de que volo irei contando todo con fotiños incluidas...

Moitos bicos

Bienvenido al weblog diariodeunaerasmus

Ya tienes weblog. Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora busca el enlace admin abajo en esta misma página.
Deberás introducir tu email y contraseña arriba para poder acceder.

En el menú que aparecerá arriba podrás: ver la página inicial (Inicio); escribir y publicar un artículo nuevo; modificar las preferencias de la bitácora, por ejemplo: los colores; Salir del weblog para desconectar de forma segura y ver la portada tal y como la verían tus visitantes.

Puedes eliminar este artículo. ¡Que lo disfrutes!